Este mes, toca mudar as nosas cancións de entradas e saídas aproveitando que hoxe é unha das 3 datas nas que se celebra o Día mundial da música. Así que seguiremos musicalizándonos con cancións vencelladas á temática do PLAMBE "Océanos de vida. Fondo mariño e glaciares” procurando integrar as diferentes linguas do noso centro e incluindo algunha de temática popular como é "Catro vellos mariñeiros". Dese xeito tamén continuamos a homenaxear o noso cancioneiro popular galego, ao cal se lle adicarán as Letras galegas 2025 poñendo en primeiro plano a cantareiras da Costa da Morte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario