jueves, 28 de noviembre de 2024
miércoles, 27 de noviembre de 2024
sábado, 2 de diciembre de 2023
Experimentos en infantil
Adxuntamos 2 pequenos vídeos dos nosos pequenos científicos na biblioteca de infantil o último día do pasado xoves, último día de novembro, clausurando así o mes das ciencias.
viernes, 1 de diciembre de 2023
jueves, 30 de noviembre de 2023
Feira de ciencias
E finalizamos o mes de ciencia na biblio cunha pequena Feira de ciencias no noso cole:
lunes, 13 de noviembre de 2023
Mes das ciencias. Exposición sobre as células
Na nosa segunda semana das ciencias, adicamos unha sección na nosa biblioteca á exposición de diferentes células animais e vexetais realizadas polo noso alumnado.
Así mesmo, realizar algunha tarefa de visionado de células de plantas e animais coa lupa óptica que temos nela.
martes, 7 de noviembre de 2023
Novembro. Mes das ciencias
Continuamos coas nosas exposicións científicas na biblio de primaria, neste caso con exposicións de maquetas do Sistema Solar, as cales serán substituídas nos vindeiros días por outra adicada ás células
Agardamos que vos guste
sábado, 4 de noviembre de 2023
Novembro. Mes científico
Continuamos coas nosas exposicións científicas do mes adicado ás ciencias na nosa biblioteca.
Comezamos polo Sistema Solar
jueves, 2 de noviembre de 2023
Incorporando libros de experimentos
Chega novembro, o mes das ciencias e incorporamos novo material á nosa biblio para que experimentes na nosa biblio, na aula ou na túa casa.
Agardamos que disfrutes
martes, 8 de noviembre de 2022
Novembro. Mes da ciencia na biblio de Crocolibro
E seguimos a traballar as ciencias na nosa biblio con exposición de mapas electrónicos como o que podedes ver a continuación:
lunes, 7 de noviembre de 2022
Novembro. Mes da ciencia na biblio de Crocolibro
Estamos no mes da ciencia e quixemos adicalo a ver a faceta orográfica do noso país, observando as altitudes e facendo mapas topográficos con material de refugallo, ao mesmo tempo que repasamos a temática PLAMBE do presente curso a través da altitude: As Montañas.
domingo, 6 de noviembre de 2022
Novembro. Mes da ciencia na nosa biblio
Iniciamos o mes da ciencia na nosa biblio facendo mapas electrónicos para traballar a xeografía do noso planeta
sábado, 5 de noviembre de 2022
Novembro. Mes da ciencia na biblio de Crocolibro
A ciencia non só se pode ver nos circuitos eléctricos nin na xeoloxía, como vimos estes días, senón que tamén podemos englobar a bioloxía dentro dela.
Aproveitando a temática do PLAMBE e que nas montañas poden acaecer accidentes, igual que na vida diaria, quixemos ensinarlle ao noso alumnado técnicas de RCP con varios bonecos, traballando dese xeito contidos do corpo humano, despois de estar a semana anterior lendo libros de primeiros auxilios da nosa biblio escolar.
martes, 1 de noviembre de 2022
Inauguramos o Mes da ciencia en galego
Despois de seleccionar e ler algúns libros de experimentos da nosa biblio, decidimos experimentar nas nosas casas e comprobar o resultado dos experimentos dos nosos libros.
Inauguramos cun semanas atrás que poderedes ver, facendo clic na seguinte imaxe:
































