miércoles, 29 de noviembre de 2023

Recreos na nosa biblio

Un día máis, a nosa biblio a rebosar nos recreos. Entrando na biblio e seguen chegando xa nada máis tocar o timbre.



domingo, 26 de noviembre de 2023

Cociñando con Sofía

Experimentando coa representación teatral

O noso alumnado de 5ºA decidiu escribir obras nas que a cociña teña un papel importante para logo representalas



sábado, 18 de noviembre de 2023

Helicópteros de papel

Hoxe tocou poñer en práctica os nosos helicópteros de papel elaborados desde o Clube de ciencia empregando os libros de experimentos da nosa biblioteca escolar e aproveitando que estamos no mes das ciencias.





viernes, 17 de noviembre de 2023

Recetario monstruoso

Conxunto de receitas de cociña elaboradas nas aulas polo alumnado do noso centro co gallo do PLAMBE deste ano

jueves, 16 de noviembre de 2023

Teatro culinario

Experimentando coa representación teatral

O noso alumnado de 5ºA decidiu escribir obras nas que a cociña teña un papel importante para logo representalas



miércoles, 15 de noviembre de 2023

El chuvasquero de Aurora. Texto y audio

El chubasquero de Aurora en PDF e en vídeo para que poidas traballalo con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e o Día Internacional das Minusvalías.


Lenda do Penedo dos Mouros

Seguimos a incorporar lendas á nosa biblioteca online recollidas polo alumnado do centro

martes, 14 de noviembre de 2023

lunes, 13 de noviembre de 2023

Mes das ciencias. Exposición sobre as células

Na nosa segunda semana das ciencias, adicamos unha sección na nosa biblioteca á exposición de diferentes células animais e vexetais realizadas polo noso alumnado.

Así mesmo, realizar algunha tarefa de visionado de células de plantas e animais coa lupa óptica que temos nela.












sábado, 11 de noviembre de 2023

Cociñando con Sofía

Seguimos cociñando co noso alumnado, o cal nos amosa as receitas elaboradas nas súas casas aproveitando a bibliografúa culinaria da nosa biblioteca

viernes, 10 de noviembre de 2023

Recomendacións lectoras de ciencias

Aproveitando o mes das ciencias e que hoxe é o día propio das mesmas, aproveitamos a recomendarvos algunhas lecturas desde a nosa biblioteca.

Moitos deses libros podédelos coller na sala de lectura e mesmo vos recomendamos que merquedes algúns nas vosas casas e así aprender un pouco máis do mundo que nos rodea.

jueves, 9 de noviembre de 2023

Reparando os coxíns da biblio

Toca reparación de libros e coxíns. Por iso debemos de ter coidado co material da nosa biblioteca para preservalo.

martes, 7 de noviembre de 2023

Novembro. Mes das ciencias

Continuamos coas nosas exposicións científicas na biblio de primaria, neste caso con exposicións de maquetas do Sistema Solar, as cales serán substituídas nos vindeiros días por outra adicada ás células

Agardamos que vos guste


lunes, 6 de noviembre de 2023

Cociña china. Transpasando fronteiras

Hoxe Inés de 5º móstranos unha receita alén das nosas fronteiras e elaborada cun dos libros da mochila viaxeira, como son os roliños de primavera

Que boa pinta teñen!

domingo, 5 de noviembre de 2023

Biscoito de cabaza

Aarón, un alumno de 5º amósanos a realización dun biscoito de cabaza realizado nos últimos días co gallo da efeméride do Samaín

sábado, 4 de noviembre de 2023

Cociñando coa mochila viaxeira no 2º ciclo

Séguennos a chegar elaboracións de receitas da mochila viaxeira, neste caso do alumnado de 2º ciclo

Pictografiando

Seguimos pictografiando a nosa biblio para facela máis accesible e facilitando un mellor acceso ás temáticas de interese do alumnado.

Novembro. Mes científico

Continuamos coas nosas exposicións científicas do mes adicado ás ciencias na nosa biblioteca.

Comezamos polo Sistema Solar

jueves, 2 de noviembre de 2023

Máis receitas de Samaín elaboradas nas aulas

Hoxe subimos unhas poucas fotos máis sobre a temática PLAMBE deste ano "A cociña" onde cociñeiros/as de primaria nos amosan a súa aprendizaxe cos libros da biblio elaborando receitas de Samaín.




Incorporando libros de experimentos

Chega novembro, o mes das ciencias e incorporamos novo material á nosa biblio para que experimentes na nosa biblio, na aula ou na túa casa.

Agardamos que disfrutes