miércoles, 30 de noviembre de 2022

Renovando a decoración da nosa biblio

Hoxe puxémonos mans á obra desde as diferentes clases para actualizar a decoración da nosa biblio acorde coa temática actual do PLAMBE "As montañas"


sábado, 26 de noviembre de 2022

Semana das ciencias co alumnado de 6º de primaria e educación infantil

Estamos no mes das ciencias e esta semana quixemos facer partícipes ao alumnado de infantil nunha serie de experimentos plantexados polos seus compañeiros/as de 6º de primaria.
Foron espectadores e á par colaboradores dunha serie de experimentos que lles encantaron














Ampliando catálogo



viernes, 25 de noviembre de 2022

O armario dos desexos

Os crocopeques fixemos durante a semana a dinámica " O armario dos desexos" onde a través de pictos, se reflexaban distintos tipos de violencia que poden sentir en calquera momento do día... Todos rexeitamos estas accions e coas nosas estrelas que fixemos, deixamos mensaxes de esperanza no patio do cole porque " non queremos que sexan fugaces"


miércoles, 16 de noviembre de 2022

Mapas electrónicos

Rematando os mapas electrónicos despois de varios días e semanas na biblioteca traballando cos atlas a xeografía fisica e política.
He aquí o resultado final

martes, 15 de noviembre de 2022

Doutores de libros

É época de gripe e ao igual que as persoas os nosos libros enferman pero fo seu uso, así que decidimos crear unha clínica para curalos e prolongar a súa esperanza de vida.

lunes, 14 de noviembre de 2022

Creando bibliotecas de aula

Para que todo o alumnado poida disfrutar da lectura nas súas aulas, estamos a repartir reasignando libros para as bibliotecas de aula, marcándoos coa letra A e, dese xeito, coñecer mellor a súa ubicación orixinal

domingo, 13 de noviembre de 2022

Recomendacións lectoras para as familias no Mes das ciencias

No mes das ciencias, desde a biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón queremos incluir ás familias do noso alumnado nas propostas e atencións desde biblioteca escolar.

No presente mes de novembro, mes das ciencias, facilitámosvos unha serie de recomendacións lectoras científicas que vos puideran interesar cunha pequena sinopse de cada un dos libros.

Un libro sempre é un bo agasallo e algúns deles inclúen explicacións moi detalladas, precisas e sinxelas de curiosidades alimentarias, deportivas e/ou microbianas.

sábado, 12 de noviembre de 2022

conCIENCIÁndonos

Novos libros desde o Clube de ciencias para incoporar ao catálogo da biblio que, ademais versan sobre experimentos xa vistos polo alumnado de 6º

Na próxima semana, convertiranse en mestres do alumnado de infantil para deseñar e explicar experimentos sinxelos aos nosos cativos. Para iso terán que documentarse e preparando os experimentos o mellor posible empregando a bibliografía da nosa biblioteca.

Lembramos que desde o martes, xa están seleccionados 26 libros de experimentos de entre os máis de 500 libros de ciencias do noso catálogo para o empréstito ás súas casas. Un pequeno exemplo dun deses libros podedes velo a continuación.