miércoles, 24 de mayo de 2023

Creando un área manipulativa na nosa biblio de primaria

Aproveitando a temática PLAMBE creamos unha nova sección con minerais que conseguimos para aprender a clasificalos na aula e coñecer as sús propiedades así como as súas utilidades no pasado e na actualidade e tamén traballamos cun novo maletín de volúmenes e libros de matemáticas da sección de investigación da nosa "Crocobiblio"


lunes, 22 de mayo de 2023

Coñecendo máis sobre o noso corpo e os nosos cambios

Moitas veces deixamos determinados temas que lle preocupan ao noso alumnado para demasiado tarde, provocando que descoñezan moitas cousas do seu corpo, teñan medo de preguntar ou recorran a fontes pouco fiables.

Por iso quixemos mercar estes novos libros moi ben redactados e deseñados e así poñer en coñecemento do noso alumnado máis maior, aspectos cruciais dos cambios do noso corpo na adoslescencia e resolver diversas preguntas que poucas veces nos atrevemos a preguntar.






sábado, 20 de mayo de 2023

Nova sección na nosa biblio

Incorporando novidades á nosa biblio para traballar determinados temas que o alumnado ten medo a preguntar e/ou descoñece en parte, integrándoa tamén con pictogramas coma moitos dos libros da nosa biblioteca facilitando o agrupamento e a accesibilidade, neste caso tamén para alumnado autista.

sábado, 13 de mayo de 2023

jueves, 11 de mayo de 2023

Roteiro histórico-literario-cultural

Realizamos un roteiro polo pobo, traballando a historia e as lendas da zona, así como poemas alusivos ao Miño, a Dona Urraca, entrevistas culinarias de Cunqueiro sobre a lamprea...
Aquí uns pequenos exemplos dos contidos traballados.
Mágoa que na sesión de hoxe algún neno estivera enfermo e 2 non podían vir pero foi moi fluido.