Onte foi o Día mundial da Reciclaxe e toca a reaproveitar botes de xabón líquido para reutilizalos como macetas. A vindeira semana tocará pintalos.
sábado, 18 de mayo de 2024
martes, 20 de diciembre de 2022
Seguimos coidando as nosas montañas grazas á reciclaxe
A reducción de refugallos é clave para a saúde do noso planeta e tamén das nosas montañas, pero tamén o é a reutilización dos materiais e, por suposto, a reciclaxe dos mesmos.
Continuando as sesións de reciclaxe desta semana, pasamos do xornal a bibliografía da nosa biblioteca para aprender un pouco máis sobre a reciclaxe.
viernes, 22 de abril de 2022
Día Mundial da Terra. Casa sostible
Hoxe, 22 de abril, é o Día Mundial da Terra e o día da finalización do noso proxecto de castelo que non dá tempo a rematar por problemas de materiais e espazos pero aquí podedes ver cómo quedou xunto co equipo implicado.
jueves, 24 de marzo de 2022
lunes, 21 de marzo de 2022
viernes, 4 de febrero de 2022
Asentos reciclados
Asentos reciclados para poder contemplar obras de arte recicladas.
Á esquerda un puff feito con botellas recicladas cheas de serrín e cosido con telas das casas. O segundo a medio montar con forma de sillón.
jueves, 23 de diciembre de 2021
jueves, 9 de diciembre de 2021
O alumnado de 5 anos segue a reciclar polo medioambiente
Seguimos reciclando e reutilizando!! Os nenos e nenas das aulas de 5 anos sabemos facelo moi ben, aproveitamos caixas de cartón e con fío laranxa xa temos uns Renos para a decoración de Nadal!!
Amazonia (5 anos)
Rematamos o proxecto da Amazonia nas aulas de 5 anos, cun obradoiro de confección de animáis con rolos de papel hixienico! Seguimos coa reciclaxe e rumbo a outra zona en perigo do Planeta!!
martes, 30 de noviembre de 2021
lunes, 22 de noviembre de 2021
Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos
Co gallo da celebración de Santa Cecilia, a patroa dos músicos, hoxe 22 de novembro decidimos homenaxealas elaborando unha serie de instrumentos de refugallo.
Seguimos dese xeito traballando as nosas capacidades manuais e dotes plásticas así como a nosa creatividade e imaxinación
Agardamos que vos guste.
domingo, 14 de noviembre de 2021
miércoles, 3 de noviembre de 2021
Bolsas craft para a celebración do magosto
Bolsas craft para a celebración do magosto feitas con bricks da casa (Actividade feita na casa previa proposta ás familias)
sábado, 30 de octubre de 2021
Carteiras recicladas con bricks de leite
Porque con aqueles residuos que a maioría tira, sempre se poden reutilizar para novas funcións.
Despois da explicación na aula e unha grabación de vídeo explicando o proceso, parte do alumnado, animouse a facer a súa propia carteira para gardar os aforros:

















