Mostrando entradas con la etiqueta Crocopeques. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Crocopeques. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de febrero de 2025

Día da nena na ciencia en educación infantil

Dous experimentos para o Día da nena na ciencia en educación infantil:
Auroras Boreais e rotura de Glaciares.
Traballamos nesta ocasión para relacionar todo a Josefina Castellvi, primeira bióloga en participar nunha expedición á Antártida
 

viernes, 16 de febrero de 2024

jueves, 19 de octubre de 2023

Recuncho dos Pequecrocochefs

Xa temos o noso recuncho de cociña preparado na Biblio de infantil! 

Libros de receitas, contos, e outros para investigar sobre os alimentos e unha alimentación saudable...
Mans na masa e a cociñar!! 👨‍🍳👩‍🍳🍳 

Biblio#Crocopeques# PLAMB

sábado, 22 de abril de 2023

viernes, 21 de abril de 2023

Tendal literario

Así de bonitas locen as prendas de vestir decoradas e que colgamos no TENDAL LITERARIO cos nosos libros favoritos...
#Díadolibro
#Bibliocrocopeques

miércoles, 19 de abril de 2023

As familias tamén contan

As familias tamén contan e con este agasallo queremos agradecerlle a ús aparticipación na actividade que estamos a realizar no centro #día do libro #Biblio Crocopeques.


lunes, 5 de diciembre de 2022

Lecturas inclusivas co gallo do Día Mundial da Discapacidade

Hoxe comezamos as lecturas inclusivas do alumnado de primaria de niveis superiores a alumnado de 1º de primaria e ás aulas de infantil. Velaquí podes ver un resumo da lectura dunha clase de 5º a 3 anos A do libro "Pepita es especial"



viernes, 2 de diciembre de 2022

Lecturas polo Día Mundial da Discapacidade

Hoxe comezamos as lecturas inclusivas do alumnado de primaria de niveis superiores a alumnado de 1º de primaria e ás aulas de infantil. Velaquí podes ver un resumo da lectura dunha clase de 5º a infantil do libro "Cuerdas"







viernes, 25 de noviembre de 2022

O armario dos desexos

Os crocopeques fixemos durante a semana a dinámica " O armario dos desexos" onde a través de pictos, se reflexaban distintos tipos de violencia que poden sentir en calquera momento do día... Todos rexeitamos estas accions e coas nosas estrelas que fixemos, deixamos mensaxes de esperanza no patio do cole porque " non queremos que sexan fugaces"


viernes, 11 de noviembre de 2022

As mochilas dos Crocopeques inician a súa andadura

Hai mes e medio comezaba a viaxe das nosas mochilas viaxeiras de primaria.

Hoxe, venres, emprenden novas rutas as Mochilas Viaxeiras dos nosos Crocopeques.

E para recoller as novas aventuras... o libro viaxeiro pasará por todas as familias
 
 

miércoles, 26 de octubre de 2022

Sr Potato

O señor Potato e Crocolibro recomendan esta lectura Monstruosa polo Samain na sua visita a Transilvania..... " Una cena monstruosa" Despois xogamos a facer pratos monstruosos!



 

O Samaín na biblioteca de infantil

Aproveitamos a engalanar a nosa biblioteca de infantil con motivos do Samaín para recibir aos nosos padriños e madriñas lectores que nos viñeron a contar terroríficas lecturas e disfrutamos moito con eles/as