Hoxe, 22 de abril, é o Día Mundial da Terra e o día da finalización do noso proxecto de castelo que non dá tempo a rematar por problemas de materiais e espazos pero aquí podedes ver cómo quedou xunto co equipo implicado.
viernes, 22 de abril de 2022
viernes, 25 de marzo de 2022
Radio caseira feita por Elia
As comunicacións supuxeron un grande avance no noso planeta e estamolo a vivir coas viaxes, as guerras actuais e mesmo coas últimas desastres acaecidas este ano (Guerra de Ucrania, accidente do Pitanxo...)
As comunicacións por radio levan xa moito tempo con nós e, aproveitando a temática PLAMBE quixemos facer varios deseños de radio Galena os alumnos/as de 5ºC para comprobar a nosa pericia.
Todas elas foron feitas con materiais de refugallo.
Aquí podes ver a radio feita por Elia, onde vos explica o funcionamento.
Radio caseira de Xoana
Continuamos traballando a nosa temática PLAMBe, construíndo unha radio caseira con materiais de refugallo que non precisa pilas nin estar conectada á corrente eléctrica.
jueves, 24 de marzo de 2022
lunes, 21 de marzo de 2022
viernes, 4 de febrero de 2022
Asentos reciclados
Asentos reciclados para poder contemplar obras de arte recicladas.
Á esquerda un puff feito con botellas recicladas cheas de serrín e cosido con telas das casas. O segundo a medio montar con forma de sillón.
miércoles, 26 de enero de 2022
Ecovidrio
jueves, 23 de diciembre de 2021
sábado, 18 de diciembre de 2021
Decoración de Nadal no patio de Infantil reciclaxe
Decoración de Nadal no patio de Infantil reciclaxe: Cintas feitas nas aulas con papel de xornal e adornos de bolas, botas, árbores... con cartón e restos de papel de agasallo.
Mural de 4 anos B "O planeta está nas nosas Mans"
Mural de 4 anos B "O planeta está nas nosas Mans"
Feito a partires do conto "¿Que le pasa al planeta?"
jueves, 9 de diciembre de 2021
O alumnado de 5 anos segue a reciclar polo medioambiente
Seguimos reciclando e reutilizando!! Os nenos e nenas das aulas de 5 anos sabemos facelo moi ben, aproveitamos caixas de cartón e con fío laranxa xa temos uns Renos para a decoración de Nadal!!
Amazonia (5 anos)
Rematamos o proxecto da Amazonia nas aulas de 5 anos, cun obradoiro de confección de animáis con rolos de papel hixienico! Seguimos coa reciclaxe e rumbo a outra zona en perigo do Planeta!!
martes, 30 de noviembre de 2021
lunes, 22 de noviembre de 2021
Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos
Co gallo da celebración de Santa Cecilia, a patroa dos músicos, hoxe 22 de novembro decidimos homenaxealas elaborando unha serie de instrumentos de refugallo.
Seguimos dese xeito traballando as nosas capacidades manuais e dotes plásticas así como a nosa creatividade e imaxinación
Agardamos que vos guste.









