jueves, 30 de marzo de 2023

Traballando cun dos peixes máis destacables do curso baixo dos ríos

Hoxe tocou o estudo dun dos peixes máis coñecidos na desembocadura dos ríos galego, como é o salmón, o cal remonta río arriba para deixar os seus ovos, xunto con outras especies máis características da nosa zona como é a lamprea.

Valéndonos unha vez máis da Revista Reportero Doc, aproveitamos a repasar un pouco a vida deste peixe e aprender un pouco máis sobre el.

miércoles, 29 de marzo de 2023

Traballamos os peixes

Traballamos os peixes de río, aproveitando a temática do noso PLAMBE que é "As Montañas". Os ríos nacen nas montañas e son fundamentais para a vida das plantas, animais e consecuentemente das persoas.

Nesta ocasión comezamos a traballar a estrutura externa e interna dos peixes e, nuns días, traballaremos cun dos peixes máis importantes do curso baixo dos nosos ríos.

martes, 28 de marzo de 2023

miércoles, 22 de marzo de 2023

Seguimos traballando o noso PDI

Hoxe o alumnado de 4º realizou unha pequena saída a unha das montañas máis próximas da nosa zona para coñecer a súa orografía, flora e fauna.











martes, 21 de marzo de 2023

21 de marzo. Día da poesía

O día 21 Marzo os Crocopeques traballamos o día da Poesía co alumnado de 5 anos.
 

Coñecimos a Frederick , o ratiño poeta e despois de ler as suas rimas, tamen escotamos poemas de Leire Bilbao do seu libro" Bicho poemas y otras bestias" : El pedo de mi vaca, El tiburón de los dientes sucios, La gripe del pulpo.. E finalmente fomos capaces de poñer debuxo a un dos seus poemas " Metáfora de la cara" mentres o recitabamos!! 

martes, 14 de marzo de 2023

Clasificando por efemérides

Subclasificando os libros por efemérides para facilitar a súa localización dentro da nosa biblioteca e empregando pictogramas para facilitar o acceso aos mesmos por parte do noso alumnado autista.



lunes, 13 de marzo de 2023

domingo, 12 de marzo de 2023

Semana da prensa

E damos por finalizada a Semana da Prensa en Educación infantil e primaria con esta foto das actividades realizadas polo alumnado máis novo do noso cole, "Os Crocopeques"

sábado, 11 de marzo de 2023

Semana da prensa

Esta semana tivo lugar no noso cole, a celebración da Semana da Prensa.

Na Biblio dos Crocopeques, o noso Croco quixo facerlle un agasallo as aulas de infantil, co galo da celebración da Semana da Prensa: unhas caixas con xornais de distinta tematica así coma unha variedade de revistas: infantis, de cociña, de investigación, etc.... para que disfruten e manipulen durante o periodo lector!!!

 

miércoles, 8 de marzo de 2023

martes, 7 de marzo de 2023

Maquetas de montañas

Seguimos coa nosa temática do PLAMBE traballando as montañas e agora toca ir colocando diferentes maquetas relacionadas coas mesmas por todo o edificio para que o alumnado coñeza curiosidades sobre as montañas do noso planeta.