miércoles, 9 de octubre de 2024

Película "A canción do mar"

Recentemente chegada das néboas do norte de Irlanda, terra de faros, gaitas e barcos extraviados, aquí tedes unha cata de mitoloxía celta -sentímolo, reverenciado Neptuno!-. O que vedes nesta ilustración é unha 'Selkie', unha fada cun abrigo máxico que de noite se transforma en foca e dorme entre corais no fondo do océano. O animador Tomm Moore, que xa utilizara as lendas folclóricas na súa primeira película, 'Brendan e o segredo de Kells', dobra a aposta en 'A canción do mar'. Un mito mariñeiro que vos fará ouvear como un neno de teta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario