O petroleiro 'Polycommander'. En 1970 embarrancó á entrada da Ría de Vigo e o cru que vertió afectou o parque natural das Illas Cíes.
Seis anos máis tarde, en 1976, o 'Urquiola' naufragou na ría da Coruña con 108.000 toneladas de petróleo a bordo, o incendio provocou unha gran fumareda negra. O capitán do barco morreu ao permanecer no buque ata o último momento. Na catástrofe derramáronse 100.000 toneladas que chegaron ata a ría de Betanzos, Ferrol e Ares.
A costa coruñesa volveu ser escenario dun novo accidente dous anos máis tarde, en 1978, cando o 'Andrios Patria' sufriu unha vía de auga no seu depósito
O sinistro fronte a Fisterra do cargueiro 'Casón', en 1987 que cargaba 2.000 bidóns con produtos altamente tóxicos que arrasaron o marisqueo nunha franxa de cen quilómetros. A súa carga contiñan diversos produtos químicos (sodio metálico, exileno, acedo sulfúrico, resina en solución, difenilmetano e anilina, entre outros). A súa combustión fronte á Costa da Morte en 1987 causou a alarma nos municipios de Cee, Corcubión e Fisterra, ademais da morte de 21 dos 31 tripulantes.
As rías do Burgo, Ares, Betanzos e Ferrol volveron soportar en 1992 a afectación da vertedura de máis de 80.000 toneladas de cru do petroleiro de bandeira grega 'Mar Exeo', procedente do Mar do Norte e con destino á refinaría Repsol na Coruña e que embarrancó fronte á Torre de Hércules, na capital herculina.
Finalmente, a catástrofe máis recente no litoral galego foi a do 'Prestige', que verteu 63.000 toneladas de cru desde que se accidentou o 13 de novembro de 2002, mentres que as 14.000 toneladas restantes que transportaba permaneceron no tanque do petroleiro, que se afundiu a 260 quilómetros da costa da comunidade, tras partirse pola metade o 19 de novembro.
Este seis accidentes en 32 anos revelan
unha media dun accidente grave nas costas galegas cada cinco anos, unha
cifra na que pesa o dato de que fronte ao litoral da comunidade navegan
unha media diaria de 38 buques con mercadorías potencialmente perigosas,
o que anualmente supón uns 14.000.
No hay comentarios:
Publicar un comentario