miércoles, 29 de septiembre de 2021

Wall-e reciclado

A conciencia ecolóxica está pisando forte o noso cole e, despois da visualización da película de Wall-e, decidimos crear unha maqueta en miniatura do protagonista.

sábado, 25 de septiembre de 2021

Carteira reciclada

Este ano toca traballar a Conciencia ecolóxica e iremos vendo como reducir, reutiizar e reciclar os diferentes materiais de refugallo que empregamos a cotío.

Como o 31 de outubro será o Día Mundial do aforro, comezaremos coa elaboración dunha carteira, empregando un cartón reciclado.

No vídeo non o fixen pero, pódese envolver con algún cómic que teñamos roto, algún folleto publicitario ou algún papel especial para camuflar que é un cartón do leite, de zume, de viño ou de refresco.

Agardo que vos guste:

Sistema solar con materiais de refugallo. Xoán

Sistema solar con materiais de refugallo. Elia

Sistema solar con materiais de refugallo. Karla

Sistema solar con materiais de refugallo. Nara

Sistema solar con materiais de refugallo. Carlota

Sistema solar con materiais de refugallo. Naiara

Sistema solar con materiais de refugallo. Brian

Sistema solar con materiais de refugallo. Nara

Sistema solar con materiais de refugallo. Gael

Sistema solar con materiais de refugallo. Anny

Sistema solar con materiais de refugallo. Pedro

Sistema solar con materiais de refugallo. Ana

Tema PLAMBE: Conciencia ecolóxica

jueves, 23 de septiembre de 2021

Fomenta a lectura. O amor polos libros

Vídeo educativo de SOGAMA

Chegamos a un punto de non retorno no cal deberemos aprender a coidar o noso planeta se queremos seguir habitando nel.

As industrias, o expolio masivo de recursos mediante a sobreexplotación e o uso indiscriminado dos medios de transporte e fontes de enerxía,, fan que cada ano chegue antes o Día da Sobrecapacidade da Terra (Earth Overshoot Day), é dicir, o momento no que se esgotan os recursos que o planeta é capaz de producir para todo o ano.

Por iso, desde o Equipo de Biblio, queremos comezar a concienciarvos co seguinte vídeo de SOGAMA, a maior planta de tratamento de residuos que temos en Galicia

Un marcapáxinas para as túas lecturas

Descarga a seguinte imaxe e imprímea para non esquecer a páxina na que quedache lendo. Agardamos que che guste
 

23 de setembro: Día internacional das linguas de signos

Hoxe continuamos apredendo algo máis de vocabulario en lingua de signos, así que para festexalo, deixámosvos esta canción para que pratiquedes nas vosas casas e mañá nas vosas aulas:

A historia de Crocolibro

Hoxe comezamos cun novo blogue de biblioteca, iniciándonos na historia de Crocolibro, a nosa mascota bibliotecaria: