jueves, 9 de diciembre de 2021

O alumnado de 5 anos segue a reciclar polo medioambiente

Seguimos reciclando e reutilizando!! Os nenos e nenas das aulas de 5 anos sabemos facelo moi ben, aproveitamos caixas de cartón e con fío laranxa xa temos uns Renos para a decoración de Nadal!!




Amazonia (5 anos)

Rematamos o proxecto da Amazonia nas aulas de 5 anos, cun obradoiro de confección de animáis con rolos de papel hixienico! Seguimos coa reciclaxe e rumbo a outra zona en perigo do Planeta!!


lunes, 22 de noviembre de 2021

Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos

Co gallo da celebración de Santa Cecilia, a patroa dos músicos, hoxe 22 de novembro decidimos homenaxealas elaborando unha serie de instrumentos de refugallo.

Seguimos dese xeito traballando as nosas capacidades manuais e dotes plásticas así como a nosa creatividade e imaxinación

Agardamos que vos guste.

miércoles, 17 de noviembre de 2021

lunes, 15 de noviembre de 2021

Día mundial do Patrimonio

Hoxe, co gallo do Día Mundial do Patrimonio, decidimos agasallar ás clases de 3º a 6º con libros de contos a cor, explicando o patrimonio máis destacable do noso concello e arredores.

viernes, 29 de octubre de 2021

Carteiras recicladas con bricks de leite

Porque con aqueles residuos que a maioría tira, sempre se poden reutilizar para novas funcións.

Despois da explicación na aula e unha grabación de vídeo explicando o proceso, parte do alumnado, animouse a facer a súa propia carteira para gardar os aforros:

Lapiceiros reciclados (latas de atún e bricks de leite)

Co gallo do Día Mundial do Aforro que terá lugar o Día 31 do presente mes, quixemos aforrar un pouco na compra de lapiceiros e de paso, contribuir coa reutilización de produtos e reciclaxe, proxecto PLAMBE deste ano