Mostrando entradas con la etiqueta Montañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Montañas. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de noviembre de 2022

Novembro científico: Equilibrio e centro de gravidade

Estamos en novembro, mes da ciencia e, nesta ocasión, aproveitando os recursos bibliográficos da nosa biblioteca quixemos relacionalo cos montañas traballando cuestións coma o vértido, o equilibrio, a estabilidade dos equilibristas ao estar nas alturas e mesmo a estabilidade dos diferentes veículos da nosa vida cotiá.

Tocou explicar o centro de gravidade dun xeito práctico e motivador para o alumnado:





lunes, 7 de noviembre de 2022

Novembro. Mes da ciencia na biblio de Crocolibro

Estamos no mes da ciencia e quixemos adicalo a ver a faceta orográfica do noso país, observando as altitudes e facendo mapas topográficos con material de refugallo, ao mesmo tempo que repasamos a temática PLAMBE do presente curso a través da altitude: As Montañas.

sábado, 5 de noviembre de 2022

Novembro. Mes da ciencia na biblio de Crocolibro

A ciencia non só se pode ver nos circuitos eléctricos nin na xeoloxía, como vimos estes días, senón que tamén podemos englobar a bioloxía dentro dela.

Aproveitando a temática do PLAMBE e que nas montañas poden acaecer accidentes, igual que na vida diaria, quixemos ensinarlle ao noso alumnado técnicas de RCP con varios bonecos, traballando dese xeito contidos do corpo humano, despois de estar a semana anterior lendo libros de primeiros auxilios da nosa biblio escolar.


jueves, 3 de noviembre de 2022

Catálogo montañil

E a selección de fondos con temática sobre as montañas para o presente mes xa está á vosa disposición para continuar coñecendo e aprendendo algo máis sobre as nosas montañas.

lunes, 31 de octubre de 2022

Paisaxes de montaña

E aquí un pouquiño máis de información sobre as nosas amigas, as montañas



As montañas

A maiores dos documentais que podedes consultar no servidor, deixamos aquí, pequenas pinceladas sobre as montañas para coñecer un pouco máis sobre elas e seguir a traballar o noso tema PLAMBE 2022-23



jueves, 13 de octubre de 2022

RCP musical

Perfeccionando a nosa RCP dentro dos Primeiros Auxilios na montaña, unha das ramas do noso PLAMBE 2022-2023

miércoles, 12 de octubre de 2022

RCP

Este ano tócanos traballar as montañas e aproveitando que en setembro foi o Día Internacional dos primeiros auxilios, quixemos iniciar ao noso alumnado nas técnicas de supervivencia e primeiros auxilios na montaña.

Para iso, comezamos por documentarnos con libros da nosa biblioteca e conseguir uns maniquís RCP para a posta en práctica das nosas clases.

Velaquí vos deixamos algún exemplo: