lunes, 31 de octubre de 2022

Inauguramos o Mes da ciencia en galego

Despois de seleccionar e ler algúns libros de experimentos da nosa biblio, decidimos experimentar nas nosas casas e comprobar o resultado dos experimentos dos nosos libros.

Inauguramos cun semanas atrás que poderedes ver, facendo clic na seguinte imaxe:

Paisaxes de montaña

E aquí un pouquiño máis de información sobre as nosas amigas, as montañas



As montañas

A maiores dos documentais que podedes consultar no servidor, deixamos aquí, pequenas pinceladas sobre as montañas para coñecer un pouco máis sobre elas e seguir a traballar o noso tema PLAMBE 2022-23



domingo, 30 de octubre de 2022

Samaín á volta da esquina

Para estes días de medo e suspense, aproveitamos un recurso mais da nosa biblio como é a idea ofrecida polo Xornal O Papagaio. Dito xornal propónnos elaborar sangue caseiro para a celebración de dita efeméride, explicandonos ademais un pouquiño máis a composición e o enorme valor deste vital elemento do corpo humano.


viernes, 28 de octubre de 2022

Novas incorporacións ao catálogo

A nosa biblioteca segue a sumar fondos para o goce e o disfrute de todos, incluindo ademais, novos fondos para o traballo da temática actual do PLAMBE "As montañas"


jueves, 27 de octubre de 2022

Incorporando lecturas de medo e misterio á nosa biblioteca escolar

Xa podedes disfrutar de lecturas de misterio e de medo na nosa biblioteca para pasar abraiantes, misteriosas e terroríficas historias de aventura na nosa biblio e nas vosas casas.
Agardemos que as disfrutedes

miércoles, 26 de octubre de 2022

Sr Potato

O señor Potato e Crocolibro recomendan esta lectura Monstruosa polo Samain na sua visita a Transilvania..... " Una cena monstruosa" Despois xogamos a facer pratos monstruosos!



 

martes, 25 de octubre de 2022

O Samaín na biblioteca de infantil

Aproveitamos a engalanar a nosa biblioteca de infantil con motivos do Samaín para recibir aos nosos padriños e madriñas lectores que nos viñeron a contar terroríficas lecturas e disfrutamos moito con eles/as





















domingo, 23 de octubre de 2022

Esqueletos de Samaín

Aproveitamos a deixarvos as plantillas de móbiles de esqueletos para decorar as vosas aulas en Samaín e cos que tamén decoraremos a nosa biblioteca e convertela nunha biblioteca terrorífica esta semana.








sábado, 22 de octubre de 2022