lunes, 25 de octubre de 2021
Exposición mapas electrónicos co gallo da celebración do día internacional do aproveitamento ddos rrecursos electrónicos
Aproveitamos a facer co alumnado de 5º mapas electrónicos para traballar a xeografía política española.
Aproveitando cartóns usados, cables de desmontar aparellos electrónicos e bombillas de diferentes xoguetes ou focos estropeados, fixemos varios xogos de xeito individual para repasar a ubicación ddas provincias españolas.
Aquí podedes ver unha foto
Recollida da exposición da Semana Internacional do Espacio
A semana pasada tocou recoller a exposición dos diferentes Sistemas Solares elaborados polo alumnado de 5º que tivera lugar a semana do 4 de outubro ata o 10 de outubro do presente ano.
Aquí vos deixamos as imaxes anteriores á recollida
domingo, 10 de octubre de 2021
sábado, 25 de septiembre de 2021
Carteira reciclada
Este ano toca traballar a Conciencia ecolóxica e iremos vendo como reducir, reutiizar e reciclar os diferentes materiais de refugallo que empregamos a cotío.
Como o 31 de outubro será o Día Mundial do aforro, comezaremos coa elaboración dunha carteira, empregando un cartón reciclado.
No vídeo non o fixen pero, pódese envolver con algún cómic que teñamos roto, algún folleto publicitario ou algún papel especial para camuflar que é un cartón do leite, de zume, de viño ou de refresco.
Agardo que vos guste: