Cándido Carrera Estévez que xa conta cun edificio público bautizado co seu nome (pavillón do noso centro) visita a nosa biblioteca para narrarnos un pouco a súa biografía e a súa experiencia nos rallys mundiais.
Agora xa só nos falta, facer algunha presentación cos recursos da nosa biblio nos diferentes idiomas que empregamos no centro, traballando as linguas de xeito oral e escrito e competencias dixitais de busca de información
Cándido Carrera Estévez , nado en Salvaterra de Miño o 24 de marzo de 1980, é un copiloto galego de rallys. Foi campión da WRC Academy en 2012 e do Campionato de España de Rallys de Terra en 2017. Dende 2021 compite con Dani Sordo no Campionato do Mundo de Rally, onde acumula oito podios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario