miércoles, 10 de enero de 2024

Turrón de chocolate

Aproveitando que estamos en época de Nadal e aínda estamos a degustar o turrón e que o día do cacao e do chocolate sería xa nas vacacións (7 de xullo), hoxe presentamos unha receita para elaborar turrón de chocolate.

Atréveste a facerlle a competencia a Antoxo, a fábrica de turróns que temos a poucos km do noso centro?

Podes empregar os seguintes ingredientes ou os que aparecen no vídeo:

  • 500 g de chocolate negro
  • 60 g de améndoas crúas e peladas
  • 60 g de abelás peladas
  • 60 g de noces
  • 300 g de leite condensada
  • 4 culleradas de vainilla
  • Auga
  • Aceite

Preparación:

  1. Pon a tixola a lume lento con aceite e cando estea quente, bota as améndoas e tóstaas durante 2-3 minutos. Pon as améndoas sobre tixola absorbente e deixa arrefriar
  2. Pon un cazo con auga ata a metade a lume lento. Noutro cazo bota o chocolate troceado,o leite condensado e a vainilla
  3. Pon o cazo ao baño maría dentro do cazo grande e remexe ata que o chocolate estea derretido e mesturado cos outros ingredientes.
  4. Retira do lume e inmediatamente engade as abelás, améndoas e noces, mesturando todo ben.
  5. Verte a mestura no molde repartíndoo ben e enfriar na neveira durante 4 horas ou máis

No hay comentarios:

Publicar un comentario