viernes, 21 de octubre de 2022

Libros de medo para lectura compartida na aula

A vindeira semana co gallo da celebración do Samaín na nosa biblioteca teremos coleccións completas de misterio para lectura compartida nas aulas e lecturas para o empréstito persoal recén saídas do forno e recén mercadas para o goce e disfrute do noso alumnado.

miércoles, 19 de octubre de 2022

Apadriñamento lector medorento

A vindeira semana, co gallo da celebración do Samaín, teremos un apadriñamento lector "medorento" do alumnado de educación infantil por parte dos nenos/as de 5º e 6º co

Dito apadriñamento celebrarase o vindeiro mércores 26 no período lector cos libros que xa foron entregados ás respectivas aulas para que preparen a súa lectura e representación cos nosos máis xóvenes e pequenos lectores.

Horario da lectura e representación: 11:50 - 12:20

5ºA: 3 anos A

5ºB: 3 anos B

5ºC: 4 anos A

6ºA: 4 anos B

6ºB: 5 anos A

6ºC: 5 anos B

jueves, 13 de octubre de 2022

RCP musical

Perfeccionando a nosa RCP dentro dos Primeiros Auxilios na montaña, unha das ramas do noso PLAMBE 2022-2023

miércoles, 12 de octubre de 2022

RCP

Este ano tócanos traballar as montañas e aproveitando que en setembro foi o Día Internacional dos primeiros auxilios, quixemos iniciar ao noso alumnado nas técnicas de supervivencia e primeiros auxilios na montaña.

Para iso, comezamos por documentarnos con libros da nosa biblioteca e conseguir uns maniquís RCP para a posta en práctica das nosas clases.

Velaquí vos deixamos algún exemplo:








jueves, 29 de septiembre de 2022

As nosas mochilas viaxeiras iniciarán a súa viaxe en breve

Iniciando a viaxe coas nosas mochilas viaxeiras. Percorrendo a maxia da lectura a través dos contos, da poesía, das revistas, a historia da nosa vila e o sétimo arte.

lunes, 26 de septiembre de 2022

Ciencia en feminino

Aproveitando a temática do PLAMBE deste ano cuxo título é as montañas, quixemos comezar a traballar a xeografía do noso planeta empregando mapas electrónicos feitos con material de refugallo, inculcando xa as vocacións científicas tanto en nenos coma nas nenas do noso centro.

Posteriormente, ubicaremos as montañas e iremos vendo a importancia das mesmas no noso día a día.

Agardamos que disfrutedes con algunhas das exposicións xa que escollimos só 3 delas nesta ocasión:




sábado, 11 de junio de 2022

jueves, 19 de mayo de 2022

A historia dunha bolboreta

Nesta ocasión quixemos rematar o mes de maio coa metamorfose dun verme de seda en bolboreta levado a cabo en varias aulas do noso centro.

Na biblio de infantil puidemos tamén o desenvolvemento de dito proceso e decidimos facer un teatro de sombras empregando historias de libros da nosa biblioteca e material de refugallo para o noso decorado. Seguimos traballando así a lectura, o uso da biblioteca, a dramatización e o tema PLAMBE 2021-22 como é o de Conciencia Ecolóxica


Velaquí algúns vídeos:




Teatro de sombras

Teatro de sombras "Unha eiruga moi larpeira" A partires deste libro xurdiu o proxecto dos vermes de seda.


miércoles, 11 de mayo de 2022

miércoles, 4 de mayo de 2022