jueves, 19 de mayo de 2022

A historia dunha bolboreta

Nesta ocasión quixemos rematar o mes de maio coa metamorfose dun verme de seda en bolboreta levado a cabo en varias aulas do noso centro.

Na biblio de infantil puidemos tamén o desenvolvemento de dito proceso e decidimos facer un teatro de sombras empregando historias de libros da nosa biblioteca e material de refugallo para o noso decorado. Seguimos traballando así a lectura, o uso da biblioteca, a dramatización e o tema PLAMBE 2021-22 como é o de Conciencia Ecolóxica


Velaquí algúns vídeos:




Teatro de sombras

Teatro de sombras "Unha eiruga moi larpeira" A partires deste libro xurdiu o proxecto dos vermes de seda.


miércoles, 11 de mayo de 2022

miércoles, 4 de mayo de 2022

martes, 3 de mayo de 2022

Doa saúde

Empregando os libros da nosa biblioteca e algúns adquiridos no presente curso escolar, aproveitaremos a traballar o aparello circulatorio, os trasplantes e as doazóns nas aulas de 5º curso.

Plantación polo Día da Terra.

Sementes de flores coma petunias, pensamentos e herbas aromáticas, Tomiño, romero e menta

viernes, 29 de abril de 2022

Libro sobre Rosalía de Castro

O día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas debido á conmemoración da publicación de Cantares Gallegos.
O alumnado de 6ºB decidiu facer un libro sobre esta importante literata para expoñer na nosa biblioteca ao longo do mes de maio.

jueves, 28 de abril de 2022

Preferencias do alumnado

Decidimos indagar nos gustos do noso alumnado pasando estas cartillas que conseguimos para fomemtar a análise simple dos libros, practicar a escritura e coñecer os libros de maior interese da nosa biblioteca para futuras adquisicións.

martes, 26 de abril de 2022

Recomendacións lectoras do alumnado

Co gallo do Día do Libro, o alumnado de 5ºA decidiu facer unha listaxe dos libros máis lidos por eles e facer unhas pequenas recomendacións de cada un deles e que vos deixamos a continuación:

Hecho con Padlet

lunes, 25 de abril de 2022

Visita da escritora Raquel Castro

Hoxe visitounos a escritora salvaterrense Raquel Castro da cal limos 2 dos seus libros "Bestiario doméstico" e "A formiga fóra do carreiro"
Alí na biblioteca nos amosou as posibilidades da novela e o teatro e nos iniciou na representación teatral con "teatro lido"





Protagonistas dos nosos libros

Emulando portadas de libros co gallo da celebración do Día do Libro.
Aquí deixamos algúns exemplos:










Marcapáxinas sobre Florencio delgado

Aproveitando o Día do Libro decidimos facer marcapáxinas homenaxeando a Florencio Delgado (figura á que se lle adican as Letras Galegas)
Por un lado, debuxaron ao autor co seu nome e apelidos e pola parte traseira procedeuse á elección e ao copiado dun poema de Florencio elixido polo autor de cada un dos marcapáxinas.