Co gallo do Día do Libro, o alumnado de 5ºA decidiu facer unha listaxe dos libros máis lidos por eles e facer unhas pequenas recomendacións de cada un deles e que vos deixamos a continuación:
martes, 26 de abril de 2022
lunes, 25 de abril de 2022
Visita da escritora Raquel Castro
Hoxe visitounos a escritora salvaterrense Raquel Castro da cal limos 2 dos seus libros "Bestiario doméstico" e "A formiga fóra do carreiro"
Alí na biblioteca nos amosou as posibilidades da novela e o teatro e nos iniciou na representación teatral con "teatro lido"
Marcapáxinas sobre Florencio delgado
Aproveitando o Día do Libro decidimos facer marcapáxinas homenaxeando a Florencio Delgado (figura á que se lle adican as Letras Galegas)
Por un lado, debuxaron ao autor co seu nome e apelidos e pola parte traseira procedeuse á elección e ao copiado dun poema de Florencio elixido polo autor de cada un dos marcapáxinas.
viernes, 22 de abril de 2022
Agasallo dun marcapáxinas para o Día Internacional do Libro
Hoxe aproveitamos a agasallar a todo o alumnado de primaria cun marcapáxinas co gallo da celebración mañá do Día do Libro e así o aproveiten nas súas actuais e futuras lecturas.
Agardamos que lles guste.
Día Mundial da Terra. Casa sostible
Hoxe, 22 de abril, é o Día Mundial da Terra e o día da finalización do noso proxecto de castelo que non dá tempo a rematar por problemas de materiais e espazos pero aquí podedes ver cómo quedou xunto co equipo implicado.
Día Mundial da Terra. Plantación de sementes en infantil
No DIA DA TERRA os Crocopeques contribuimos a mellorar a nosa pegada ecoloxica no planeta": Preparativos para a plantación de sementes de flores para o patio do cole, elaborando macetas con bricks de leite adornados con papel de xornal...
miércoles, 20 de abril de 2022
Día Mundial da Terra. A primavera chega á nosa biblioteca
Xa chegou a primavera que é a época de nacemento e florecemento das árbores e aproveitamos a plantar uns marcapáxinas ecolóxicos en primaria.
Aproveitamos a analoxía das 3 cousas que hai que facer nesta vida e así matamos 2 paxaros dun tiro. Despois de ler un libro e aproveitando o marcapáxinas para ilo lendo cada día, plantámolo para facer xerminar a nosa planta.
A lectura axuda a xerminar a nosa imaxinación.
Nunhas semanas veremos os resultados.
















































