miércoles, 31 de mayo de 2023
martes, 30 de mayo de 2023
lunes, 29 de mayo de 2023
domingo, 28 de mayo de 2023
sábado, 27 de mayo de 2023
Amosa o teu talento
Traballando as competencias lingüísticas e artísticas do noso alumnado e moitas delas, empregando libros da nosa biblioteca
viernes, 26 de mayo de 2023
jueves, 25 de mayo de 2023
miércoles, 24 de mayo de 2023
Creando un área manipulativa na nosa biblio de primaria
Aproveitando a temática PLAMBE creamos unha nova sección con minerais que conseguimos para aprender a clasificalos na aula e coñecer as sús propiedades así como as súas utilidades no pasado e na actualidade e tamén traballamos cun novo maletín de volúmenes e libros de matemáticas da sección de investigación da nosa "Crocobiblio"
martes, 23 de mayo de 2023
lunes, 22 de mayo de 2023
Coñecendo máis sobre o noso corpo e os nosos cambios
Moitas veces deixamos determinados temas que lle preocupan ao noso alumnado para demasiado tarde, provocando que descoñezan moitas cousas do seu corpo, teñan medo de preguntar ou recorran a fontes pouco fiables.
Por iso quixemos mercar estes novos libros moi ben redactados e deseñados e así poñer en coñecemento do noso alumnado máis maior, aspectos cruciais dos cambios do noso corpo na adoslescencia e resolver diversas preguntas que poucas veces nos atrevemos a preguntar.
domingo, 21 de mayo de 2023
sábado, 20 de mayo de 2023
Nova sección na nosa biblio
Incorporando novidades á nosa biblio para traballar determinados temas que o alumnado ten medo a preguntar e/ou descoñece en parte, integrándoa tamén con pictogramas coma moitos dos libros da nosa biblioteca facilitando o agrupamento e a accesibilidade, neste caso tamén para alumnado autista.
viernes, 19 de mayo de 2023
jueves, 18 de mayo de 2023
miércoles, 17 de mayo de 2023
As montañas. Mulhacén
Continuamos a traballar a temática anual do PLAMBE coas montañas.
Aquí un novo traballo, neste caso do alumnado de 5ºC:
martes, 16 de mayo de 2023
lunes, 15 de mayo de 2023
domingo, 14 de mayo de 2023
sábado, 13 de mayo de 2023
viernes, 12 de mayo de 2023
Roteiro histórico-literario-cultural
Realizamos un roteiro polo pobo, traballando a historia e as lendas da zona, así como poemas alusivos ao Miño, a Dona Urraca, entrevistas culinarias de Cunqueiro sobre a lamprea...
Aquí uns pequenos exemplos dos contidos traballados.
Mágoa que na sesión de hoxe algún neno estivera enfermo e 2 non podían vir pero foi moi fluido.